Por fin chegou o día!!! Todos subidos no autobús para poñer rumbo á Casa do
Queixo.
Alí estábannos esperando para
ensinarnos unha morea de cousas: un zoo de animais (no que había un avestruz
enorme e un poni moi simpático), a facer o pan (que despois de cocido levamos
para comer nas nosas casas), a traballar a lá das ovellas contáronnos a misteriosa
historia do muíño encantado e ademais pasámolo de marabilla cos xogos!!!
Ahh, que se nos esquencía… A comida estaba boísima!!!!.Dende aquí, mandamos
un bico a Belén e Mónica por todo o que nos ensinaron e por coidarnos tan ben.