lunes, 19 de diciembre de 2011

ESTAMOS DE NORABOA!!!

Felicidades!!!

Hoxe acadamos o segundo premio no concurso de beléns do concello. Isto non sería posible sen vós, moitas gracias e xa disfrutaremos do premio.
















O NOSO BELÉN. ESTE É O RESULTADO.....

Fíxose un gran traballo!!! aquí temos o noso bélen rematado.
Unha actividade moi orixinal que cumple un fin dobremente educativo: a implicación dos pais e un exemplo de que non necesitamos cartos para levar a cabo unha idea.




















Todo feito con: papel hixiénico, botes de actimel, ovos, botellas, retais, macarróns, algodón, castañas, noces, paos, bricks, ... todos reciclado das nosas clases e casas. UN BO TRABALLO!!!

martes, 13 de diciembre de 2011

Visita ao castelo de San Vicente







O día 9 fomos a coñecer como é o noso castelo e onde vivían os Conde de Lemos. Camiñamos toda a costa, chegamos a torre e subimos ata arriba. ¡Menudas escaleiras! pero pasámolo moi ben vendo as armaduras, as lanzas e imaxinándonos que éramos soldados que dende os balcóns vixiábamos todo o territorio.

sábado, 10 de diciembre de 2011

Obradoiro de pais

Xa comezamos a elaborar o noso belén con materiais de refugallo. Os pais e nais dos nosos alumnos son este ano os nosos axudantes, soamente con ver as fotos xa o podedes imaxinar!!!














Continuará.....

martes, 22 de noviembre de 2011

EUCARISTÍA E PINCHOS EN CALASANZ 2011

Coma tódolos anos no día de Calasanz celébrase unha misa na honra de San José. Ao rematar a misa, o colexio ofrecerá uns pinchos as familias do colexio. 
Estades convidados a achegarvos ao centro, e pasar un bo rato. Ás 19:30 na igrexa.
Un saúdo

lunes, 21 de noviembre de 2011

XORNADA DE CALASANZ -VENRES 25-NOVEMBRO


O día 25 de novembro, todo o ciclo de infantil celebramos a festa do noso fundador con actividades que preparamos especialmente para a ocasión:

Mañá.

-Celebración conxunta da oración da mañá adicada a CALASANZ
-Cine na aula
-Gynkana no claustro (ata as 13:15): carreira de sacos-aros musicais-pasemisí- a pitiña cega-bailes co cantaxogo-transportar obxectos de dous en dous
-Voltan a casa

Tarde:

-Maratón
-Partido de fútbol
-Piñata
-Final de xornada


TODOS DEBERÁN TRAER O CHÁNDAL DO COLEXIO

jueves, 17 de noviembre de 2011

Cogomelos de outono









¡Que ben o pasamos facendo os nosos cogomelos de outono!



Foi moi divertido facelos, pero o mellor de todo, foi que antes tivemos que comer as noces para facerlles o sombreriño, ummmmm!!! Riquísimas!!

martes, 15 de noviembre de 2011

El oratorio está triste




Hola padre Eduardo:
Escolapio bueno, sencillo, entrañable y gran amigo nuestro. Gracias por enseñarnos a rezar, a conocer a Jesús y a ser cada vez mejores.
Sabemos que estás en el cielo por eso cuídanos mucho que nosotros no te olvidaremos. Hasta siempre.

viernes, 21 de octubre de 2011

sábado, 15 de octubre de 2011

:¡ Por fin funciona!!!!



O venres por fin, puidemos traballar coa pizarra dixital da clase. Cando a vimos funcionando puxémonos moi contentos e todos queríamos saír e probala, gustounos moito e a profe di que a vamos a utilizar todos os días.
Agora solo falta que os nosos compañeiros tamén poidan utilizar as súas, así que... !Señor que arregla pizarras e ordenadores, por favor, acabe pronto¡. grazas.

sábado, 8 de octubre de 2011

Celebración inicio de curso





O venres día 7 os alumnos de Ed. Infantil tivemos na igrexa do cole a celebración de inicio de curso cos nosos compañeiros do primeiro ciclo de primaria.
Presentamos o lema de este ano, demos as grazas polo novo curso e cantamos dúas cancións coas que recordamos que todos somos amigos e que Xesús e o noso gran amigo.
Os nosos pais estiveron convidados e ao rematar estaban moi contentos porque cantamos moi ben e escoitamos con moita atención.

lunes, 3 de octubre de 2011

Comeza o Ciclo de Teatro Infantil

Esta fin de semana dará comezo o Ciclo de Teatro Infantil que organiza o Concello de Monforte de Lemos. Tedes máis información neste enlace:

http://www.concellodemonforte.com/axendacultural.asp?id=2820
Un saúdo

viernes, 30 de septiembre de 2011

martes, 20 de septiembre de 2011

¡Todos contra o lume!

Hoxe realizamos a nosa primeira saída. Fomos a ver como eran as instalacións das Bases Aéreas de Doade e Marroxo onde o Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais teñen as avionetas e o helicóptero.
Encantounos ver como despegaban e aterraban as avionetas, como eran por dentro e como se manexaban.
O helicóptero tamén nos gustou moito e deixáronnos subir a el e facer de bombeiros.
Estamos moi contentos porque nos tiñan preparadas moitas actividades, plantamos unha árbore, colocamos unha casa niño para os paxaros e subimos á torre de control para vixiar e ver si había algún incendio.
Tiveron moita paciencia connosco e explicáronnos todo moi ben. Agora máis que nunca e logo de coñecelos, sabemos que os nosos montes e bosques están en moi boas mans.¡Grazas a todos por ensinarnos tantas cousas!

lunes, 19 de septiembre de 2011

Gustaríate pensar coma un neno?

A volta ao cole

O luns día 12 empezamos o cole. Foi un día de alegrías e reencontros. Volviamos estar coas nosas mestras Estrella e Rosa e era unha gran sorpresa para todos. Elas estaban moi contentas por seguir cos mesmos nenos e nenas, dicían que todos creceramos moito e estabamos máis morenos. Tiñan moitas ganas de saber como pasaramos o verán.
Ese día foi cortiño pero, falamos moito e xogamos cos nosos amigos. Ningún chorou porque xa somos maiores e este ano por fin, imos aprender a ler.
Ah, esquecíame, ¡ Benvidos Diego, Nerea e Nazaret ¡

sábado, 3 de septiembre de 2011

BENVIDOS!!

Presentámosvos o novo blog de Ed.Infantil do colexio Escolapios. Nel poderedes ver algunhas fotos, videos e actividades que os nenos fan ao longo do curso. Benvidos!!