martes, 20 de septiembre de 2011

¡Todos contra o lume!

Hoxe realizamos a nosa primeira saída. Fomos a ver como eran as instalacións das Bases Aéreas de Doade e Marroxo onde o Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais teñen as avionetas e o helicóptero.
Encantounos ver como despegaban e aterraban as avionetas, como eran por dentro e como se manexaban.
O helicóptero tamén nos gustou moito e deixáronnos subir a el e facer de bombeiros.
Estamos moi contentos porque nos tiñan preparadas moitas actividades, plantamos unha árbore, colocamos unha casa niño para os paxaros e subimos á torre de control para vixiar e ver si había algún incendio.
Tiveron moita paciencia connosco e explicáronnos todo moi ben. Agora máis que nunca e logo de coñecelos, sabemos que os nosos montes e bosques están en moi boas mans.¡Grazas a todos por ensinarnos tantas cousas!