domingo, 27 de mayo de 2012

Visita a Marcelle Natureza

O venres 25 de Maio fomos a visitar o parque zoolóxico de Marcelle. Disfrutamos dun paseo por toda a reserva, un bosque autóctono habitado por multitude de animais en liberdade. Aprendemos moito sobre a fauna e a flora da man dos nosos monitores, xantamos todos xuntos e disfrutamos do día tan estupendo que tivemos. Foi divertidísimo e queremos volver outra vez!!!!!

Contacontos no cole!!!!!

Fixádevos que ben o pasamos coa visita dun contacontos ó colexio.

miércoles, 9 de mayo de 2012

Saída a “Casa do Queixo”


Por fin chegou o día!!! Todos subidos no autobús para poñer rumbo á Casa do Queixo.

 Alí estábannos esperando para ensinarnos unha morea de cousas: un zoo de animais (no que había un avestruz enorme e un poni moi simpático), a facer o pan (que despois de cocido levamos para comer nas nosas casas), a traballar a lá das ovellas contáronnos a misteriosa historia do muíño encantado e ademais pasámolo de marabilla cos xogos!!!

Ahh, que se nos esquencía… A comida estaba boísima!!!!.Dende aquí, mandamos un bico a Belén e Mónica por todo o que nos ensinaron e por coidarnos tan ben.