viernes, 30 de septiembre de 2011

martes, 20 de septiembre de 2011

¡Todos contra o lume!

Hoxe realizamos a nosa primeira saída. Fomos a ver como eran as instalacións das Bases Aéreas de Doade e Marroxo onde o Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais teñen as avionetas e o helicóptero.
Encantounos ver como despegaban e aterraban as avionetas, como eran por dentro e como se manexaban.
O helicóptero tamén nos gustou moito e deixáronnos subir a el e facer de bombeiros.
Estamos moi contentos porque nos tiñan preparadas moitas actividades, plantamos unha árbore, colocamos unha casa niño para os paxaros e subimos á torre de control para vixiar e ver si había algún incendio.
Tiveron moita paciencia connosco e explicáronnos todo moi ben. Agora máis que nunca e logo de coñecelos, sabemos que os nosos montes e bosques están en moi boas mans.¡Grazas a todos por ensinarnos tantas cousas!

lunes, 19 de septiembre de 2011

Gustaríate pensar coma un neno?

A volta ao cole

O luns día 12 empezamos o cole. Foi un día de alegrías e reencontros. Volviamos estar coas nosas mestras Estrella e Rosa e era unha gran sorpresa para todos. Elas estaban moi contentas por seguir cos mesmos nenos e nenas, dicían que todos creceramos moito e estabamos máis morenos. Tiñan moitas ganas de saber como pasaramos o verán.
Ese día foi cortiño pero, falamos moito e xogamos cos nosos amigos. Ningún chorou porque xa somos maiores e este ano por fin, imos aprender a ler.
Ah, esquecíame, ¡ Benvidos Diego, Nerea e Nazaret ¡

sábado, 3 de septiembre de 2011

BENVIDOS!!

Presentámosvos o novo blog de Ed.Infantil do colexio Escolapios. Nel poderedes ver algunhas fotos, videos e actividades que os nenos fan ao longo do curso. Benvidos!!