sábado, 29 de septiembre de 2012



Que son os Bits de intelixencia?





Os bits de intelixencia son unidades de información, por medio de imaxes grandes, claras e ben definidas que constitúen un método de estimulación temperá, baseado na visualización e escoita repetitiva dos devanditos bits.

·         Os bits de intelixencia axudan a mellorar a atención e concentración dos nenos nas tarefas.
·        Estimular a intelixencia. Axudan a desenvolver e estimular o cerebro, a memoria e a aprendizaxe creando redes neuronais de información.
·        Contribúen ao desenvolvemento visual e auditivo do neno.
·        Aprendizaxe de vocabulario.
·        Fomentan a curiosidade e o interés por todos os campos do saber ( pintura, botánica, música…)

O "creador" dos bits de intelixencia foi Glenn Doman, fisioterapeuta estadounidense, e definiunos como:

“Unidades de información que se presentan a los niños de una forma adecuada. Su realización concreta se encuentra en la utilización de una ilustración o dibujo muy preciso o una fotografía de buena calidad acompañado de un estímulo auditivo, que consiste en enunciar en voz alta lo que representa”.

Os Bits de intelixencia agrúpanse en categorías, é dicir en grupos que teñan características similares, para facilitar ao cerebro o establecemento de relacións entre uns  e outros.

As categorías ou temas poden ser: Geografía, historia, arte, zooloxía, música. Literatura, anatomía, botánica, etc e tantas outras marabillas do mundo.

viernes, 14 de septiembre de 2012

COMO COLLER BEN O LAPIS




Unha das cousas que máis preocupan aos pais cando os seus pequenos comezan a utilizar pinturas e lapiseiros é ensinalos a collelos mellor, para así garantir unha correcta escritura co paso do tempo.

Sobre todo a partir dos tres anos, é bo fixarse en como collen os lapis.
Podemos axudalos, traballando con eles dous aspectos:
-A postura coa que se suxeita o lapis: a pinza, que é suxeitar o lapis entre os dedos índice e pulgar (só estes dous) e así o apoiar no dedo medio)
- A forza dos dedos.

Aquí van unha serie de exercicios que axudan a coller mellor o lapis, son todos eles divertidos e sinxelos de introducir na rutina dos nenos:

- Teclear (pianos de xoguete, ordenador...)
- Xogar con pinzas da roupa.
- Rasgar papel ou facer tiras coas mans.
- Xogar con plastilina (facer boliñas, coller beliscos...)
- Facer boliñas de papel cos dedos.
- Facer colares con bólas grandes.
- Dar cartas dunha baralla.
- Pasar follas dun libro.
- Manipular obxectos pequenos.
- Enroscar e desenroscar botes..., aparafusar e desaparafusar
- Meter aperitivos de cores por buratos.
- Pegar 
gomets, adhesivos pequenos...
- Pintar usando o dedo índice con pintura de dedos ou facer liñas na area...
- Recortar con tesoiras.
- Debuxar con ceras e pinceis.
- Abrochar e desabrochar botóns.
- Subir e baixar cremalleiras.

miércoles, 12 de septiembre de 2012

BENVIDOS AO COLE!!!!!!!

Hoxe iniciamos o noso primeiro día de clase con moitos nervios, algunha bágoa e tamén moitos sorrisos. Benvidos a todos os pequerrechos que empezan hoxe no noso cole. A partir de agora imos aprender moitas cousas, xogar, pasalo moi ben e facer moitos amigos. Ánimo e esperamos que a vosa adaptación sexa a mellor posible.
¡Benvidos ao novo curso escolar 2012-2013!!!!!!!!