domingo, 18 de marzo de 2012

Visita Museo do Ferrocarril

O venres visitamos ó Museo do Ferrocarril de Monforte e gustounos moito. Aprendemos un pouco da historia dos trens da nosa cidade e así coñecemos a locomotora de vapor máis avoa “Mikado” a “Cocodrilo” e a “Japonesa”.
Pasámolo xenial vindo unha maqueta moi grande de trens con montañas e túneles,subindo a "Mikado e Cocodrilo", dando un paseo nun tren descuberto e xogando coa máquina de tren xigante que circulaba pola estación para nenos das instalacións.
Tamén queremos dar a grazas a todo o persoal e a Natalia por habernos explicado tan ben como eran e funcionaban os trens e por habernos tratado con tanto cariño e paciencia.