sábado, 28 de abril de 2012

Visita dun bombeiro.

O pasado martes tivemos unha clase moi didáctica. Aprendemos moito xa que o pai de Odei que é bombeiro explicounos todos os traballos que teñen que realizar, como é o seu traxe e o máis importante, coma temos que actuar en caso de incendio . Pasámolo moi ben porque logo vestiunos de bombeiro e recibimos un carné de bombeiro infantil. Grazas Óscar por facernos a visita tan divertida e amena.