Con motivo da Semana Vocacional e por estar a traballar un proxecto de comprensión sobre os xogos tradicionais, as nosas profes, explicáronnos un oficio tradicional da nosa zona e fumos a Gundivós a coñecer a Elias, un dos poucos alfareiros que quedan na nosa comarca.
Vimos a sala exposición onde se recollen pezas históricas que usaban nas casas labregas nas lareiras e bodegas e fíxonos unha demostración de como elaborar unha peza artesanal moi típica " O señor xarro dos bigotes".
Foi moi interesante e divertida porque logo fumos merendar ao parque de Sober e pasámolo xenial!!!!!
visita alfareiro from rosalfer on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario