3º y 4º DÍA
Seguimos traballando con moito entusiasmo sobre o tema do universo. Continuamos coas exposicións dos bits e materiais que cada neno trae da súa casa.
Continuamos investigando nos diferentes planetas, buscamos a información, escribímola e os coloreamos. Logo aprendemos a poesía “O marciano mariano” e realizamos cada un de nós unha nave espacial con papeis adhesivos de cores, o marciano mariano e unha estrela, que nos serviron para ir elaborando os murais de cada clase.
Logo pola tarde practicamos na lousa dixital co sistema solar e os seus compoñentes. ¡Que divertido!