domingo, 17 de febrero de 2013

VISITA ÁS MM. CLARISAS


O pasado día 31 de xaneiro os alumnos de 4 anos fixemos unha agradable visita para coñecer ás MM. Clarisas no convento que teñen na nosa cidade. Pasamos un ratiño moi bonito con elas. Os nenos cantáronlle cancións e charlaron con elas dun xeito moi espontáneo. O noso agradecemento máis agarimoso pola alegría e a simpatía coa que fomos acollidos.