NADAL 2012
Por segundo ano, chegado o mes de decembro pais, alumnos e profes puxémonos a traballar no noso Belén.
Se o do ano pasado
(con materiais de reciclaxe) resultou bonito e novidoso, o de este ano,
elaborado con piñas, é do máis orixinal e tamén precioso, cun aire moi
enxebre.
Noraboa aos pais que
lle puxeron ilusión e ganas. Coa vosa implicación e colaboración activa
dades todo un exemplo de implicación na tarefa educativa dos vosos
fillos.
As nosas cabezas xa non paran maquinando ideas para o vindeiro curso. ¡O próximo será espectacular!