sábado, 10 de noviembre de 2012

Cantos cogomelos!!!!!!

O pasado mércores día 31 os nenos de tres anos recibimos a visita de Luís, un papá do cole que demostrou ser un gran aficionado e experto en cogomelos. Explicounos como debemos facer para collelos, vimos moitas variedades de diferentes tamaños, formas e con nomes moi raros. Algunhos poden ser moi perigosos polo que antes de tocalos, debemos preguntarlle sempre a un adulto e ensinounos o importantes que son para a natureza, asi que non debemos pisalas nin estropealas. Gracias Luís pola túa clase tan maxistral. Despois para rematar o día realizamos un magosto con todos os nenos de infantil do cole. Canto estamos aprendemos sobre o outono!!!!!!!

Unha clase de cogomelos from rosalfer on Vimeo.