Blog das actividades do colexio Escolapios de Monforte na etapa de Educación Infantil
domingo, 27 de mayo de 2012
Visita a Marcelle Natureza
O venres 25 de Maio fomos a visitar o parque zoolóxico de Marcelle.
Disfrutamos dun paseo por toda a reserva, un bosque autóctono habitado por multitude de animais en liberdade.
Aprendemos moito sobre a fauna e a flora da man dos nosos monitores, xantamos todos xuntos e disfrutamos do día tan estupendo que tivemos. Foi divertidísimo e queremos volver outra vez!!!!!
miércoles, 9 de mayo de 2012
Saída a “Casa do Queixo”
Por fin chegou o día!!! Todos subidos no autobús para poñer rumbo á Casa do
Queixo.
Alí estábannos esperando para
ensinarnos unha morea de cousas: un zoo de animais (no que había un avestruz
enorme e un poni moi simpático), a facer o pan (que despois de cocido levamos
para comer nas nosas casas), a traballar a lá das ovellas contáronnos a misteriosa
historia do muíño encantado e ademais pasámolo de marabilla cos xogos!!!
Ahh, que se nos esquencía… A comida estaba boísima!!!!.Dende aquí, mandamos
un bico a Belén e Mónica por todo o que nos ensinaron e por coidarnos tan ben.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)