jueves, 6 de noviembre de 2014

PROXECTO INTERDISCIPLINAR INFANTIL 3º Y 4º DÍA

3º y 4º DÍA
Seguimos traballando con moito entusiasmo sobre o tema do universo. Continuamos coas exposicións dos bits e materiais que cada neno trae da súa casa.

Continuamos investigando nos diferentes planetas, buscamos a información, escribímola e os coloreamos. Logo aprendemos a poesía “O marciano mariano” e realizamos cada un de nós unha nave espacial con papeis adhesivos de cores, o marciano mariano e unha estrela, que nos serviron para ir elaborando os murais de cada clase.


Logo pola tarde practicamos na lousa dixital co sistema solar e os seus compoñentes. ¡Que divertido!


martes, 4 de noviembre de 2014

PROXECTO INTERDISCIPLINAR INFANTIL "VIAXAS COMIGO POLO UNIVERSO?"

2º DÍA

Comezamos o día expoñendo os bits e materiais que cada neno preparou na súa casa. Foi moi divertido explicarlles aos nosos compañeiros.


 



Ao longo do día traballamos o sistema solar e os seus oito planetas, que realizamos en plastilina en grupos cooperativos.


















PROXECTO INTERDISCIPLINAR INFANTIL "VIAXAS COMIGO POLO UNIVERSO?"

1º DIA

Comezamos o proxecto “¿Viaxas comigo polo universo?” a través dun conto sobre o rei do sistema solar, a partir do cal fixemos unha chuvia de ideas para recoller todo o que sabemos sobre o universo.


Menuda sorpresa levámonos cando vimos toda a ambientación que había no claustro:






Ao longo do día, completamos máis información a través de vídeos e traballamos sobre o rei do sistema solar: O SOL.






miércoles, 10 de septiembre de 2014