miércoles, 17 de octubre de 2012

Convivencia en Cadeiras!!!!

O pasado venres día 5 disfrutamos dun día magnífico de convivencia pais, alumnos e mestras en Cadeiras. Pásamolo xenial correndo e subindo polas rocas ("barco pirata"), aínda que o mellor foron os cachos de pizzas e empanadas que disfrutamos todos cunha fame de xustiza.

Esperamos repetir co próximo premio que estará a chegar. Ánimo!!!!








lunes, 8 de octubre de 2012

Celebración inicio de curso Ed. infantil


O pasado xoves día catro os máis pequeniños  tamén  celebramos o inicio do novo curso escolar na igrexa do cole.  Estivemos moi caladiños, cantamos moi ben e entregáronnos unha vela (símbolo de que Xesús é a nosa luz ) e un cartel co lema de este ano que logo levamos as nosas clases e colocamos nun lugar moi importante.







sábado, 29 de septiembre de 2012



Que son os Bits de intelixencia?





Os bits de intelixencia son unidades de información, por medio de imaxes grandes, claras e ben definidas que constitúen un método de estimulación temperá, baseado na visualización e escoita repetitiva dos devanditos bits.

·         Os bits de intelixencia axudan a mellorar a atención e concentración dos nenos nas tarefas.
·        Estimular a intelixencia. Axudan a desenvolver e estimular o cerebro, a memoria e a aprendizaxe creando redes neuronais de información.
·        Contribúen ao desenvolvemento visual e auditivo do neno.
·        Aprendizaxe de vocabulario.
·        Fomentan a curiosidade e o interés por todos os campos do saber ( pintura, botánica, música…)

O "creador" dos bits de intelixencia foi Glenn Doman, fisioterapeuta estadounidense, e definiunos como:

“Unidades de información que se presentan a los niños de una forma adecuada. Su realización concreta se encuentra en la utilización de una ilustración o dibujo muy preciso o una fotografía de buena calidad acompañado de un estímulo auditivo, que consiste en enunciar en voz alta lo que representa”.

Os Bits de intelixencia agrúpanse en categorías, é dicir en grupos que teñan características similares, para facilitar ao cerebro o establecemento de relacións entre uns  e outros.

As categorías ou temas poden ser: Geografía, historia, arte, zooloxía, música. Literatura, anatomía, botánica, etc e tantas outras marabillas do mundo.

viernes, 14 de septiembre de 2012

COMO COLLER BEN O LAPIS




Unha das cousas que máis preocupan aos pais cando os seus pequenos comezan a utilizar pinturas e lapiseiros é ensinalos a collelos mellor, para así garantir unha correcta escritura co paso do tempo.

Sobre todo a partir dos tres anos, é bo fixarse en como collen os lapis.
Podemos axudalos, traballando con eles dous aspectos:
-A postura coa que se suxeita o lapis: a pinza, que é suxeitar o lapis entre os dedos índice e pulgar (só estes dous) e así o apoiar no dedo medio)
- A forza dos dedos.

Aquí van unha serie de exercicios que axudan a coller mellor o lapis, son todos eles divertidos e sinxelos de introducir na rutina dos nenos:

- Teclear (pianos de xoguete, ordenador...)
- Xogar con pinzas da roupa.
- Rasgar papel ou facer tiras coas mans.
- Xogar con plastilina (facer boliñas, coller beliscos...)
- Facer boliñas de papel cos dedos.
- Facer colares con bólas grandes.
- Dar cartas dunha baralla.
- Pasar follas dun libro.
- Manipular obxectos pequenos.
- Enroscar e desenroscar botes..., aparafusar e desaparafusar
- Meter aperitivos de cores por buratos.
- Pegar 
gomets, adhesivos pequenos...
- Pintar usando o dedo índice con pintura de dedos ou facer liñas na area...
- Recortar con tesoiras.
- Debuxar con ceras e pinceis.
- Abrochar e desabrochar botóns.
- Subir e baixar cremalleiras.

miércoles, 12 de septiembre de 2012

BENVIDOS AO COLE!!!!!!!

Hoxe iniciamos o noso primeiro día de clase con moitos nervios, algunha bágoa e tamén moitos sorrisos. Benvidos a todos os pequerrechos que empezan hoxe no noso cole. A partir de agora imos aprender moitas cousas, xogar, pasalo moi ben e facer moitos amigos. Ánimo e esperamos que a vosa adaptación sexa a mellor posible.
¡Benvidos ao novo curso escolar 2012-2013!!!!!!!!