lunes, 19 de diciembre de 2011

O NOSO BELÉN. ESTE É O RESULTADO.....

Fíxose un gran traballo!!! aquí temos o noso bélen rematado.
Unha actividade moi orixinal que cumple un fin dobremente educativo: a implicación dos pais e un exemplo de que non necesitamos cartos para levar a cabo unha idea.




















Todo feito con: papel hixiénico, botes de actimel, ovos, botellas, retais, macarróns, algodón, castañas, noces, paos, bricks, ... todos reciclado das nosas clases e casas. UN BO TRABALLO!!!

martes, 13 de diciembre de 2011

Visita ao castelo de San Vicente







O día 9 fomos a coñecer como é o noso castelo e onde vivían os Conde de Lemos. Camiñamos toda a costa, chegamos a torre e subimos ata arriba. ¡Menudas escaleiras! pero pasámolo moi ben vendo as armaduras, as lanzas e imaxinándonos que éramos soldados que dende os balcóns vixiábamos todo o territorio.

sábado, 10 de diciembre de 2011

Obradoiro de pais

Xa comezamos a elaborar o noso belén con materiais de refugallo. Os pais e nais dos nosos alumnos son este ano os nosos axudantes, soamente con ver as fotos xa o podedes imaxinar!!!














Continuará.....

martes, 22 de noviembre de 2011

EUCARISTÍA E PINCHOS EN CALASANZ 2011

Coma tódolos anos no día de Calasanz celébrase unha misa na honra de San José. Ao rematar a misa, o colexio ofrecerá uns pinchos as familias do colexio. 
Estades convidados a achegarvos ao centro, e pasar un bo rato. Ás 19:30 na igrexa.
Un saúdo

lunes, 21 de noviembre de 2011

XORNADA DE CALASANZ -VENRES 25-NOVEMBRO


O día 25 de novembro, todo o ciclo de infantil celebramos a festa do noso fundador con actividades que preparamos especialmente para a ocasión:

Mañá.

-Celebración conxunta da oración da mañá adicada a CALASANZ
-Cine na aula
-Gynkana no claustro (ata as 13:15): carreira de sacos-aros musicais-pasemisí- a pitiña cega-bailes co cantaxogo-transportar obxectos de dous en dous
-Voltan a casa

Tarde:

-Maratón
-Partido de fútbol
-Piñata
-Final de xornada


TODOS DEBERÁN TRAER O CHÁNDAL DO COLEXIO

jueves, 17 de noviembre de 2011

Cogomelos de outono









¡Que ben o pasamos facendo os nosos cogomelos de outono!



Foi moi divertido facelos, pero o mellor de todo, foi que antes tivemos que comer as noces para facerlles o sombreriño, ummmmm!!! Riquísimas!!